Publirreportaxe

E.nova Enerxía amplía os seus horizontes como enerxética integral para a industria galega

Planta fotovoltaica de E.nova Enerxía na sede en Carral do Grupo Da Cunha (Foto: E.nova Enerxía).
photo_camera Planta fotovoltaica de E.nova Enerxía na sede en Carral do Grupo Da Cunha (Foto: E.nova Enerxía).

E.nova Enerxía, empresa enerxética radicada en Santiago de Compostela, ofrece aos diferentes sectores da industria galega un servizo integral que inclúe todos os chanzos do consumo enerxético. Dende a súa fundación en 2014, E.nova Enerxía vén ofrecendo unha atención especializada, próxima e individualizada en materias como a comercialización de electricidade, o asesoramenteo enerxético, o autoconsumo e xeración distribuída de enerxía. Deste xeito, baixo un concepto de “enerxética boutique” achega ao tecido empresarial solucións que dean respostas ás súas necesidades optimizando tanto recursos coma custes. 

Estas son as liñas mestras que guían o traballo de E.nova Enerxía como enerxética integral e que levaron a esta empresa compostelá a establecer estreitas relacións con nomes tan destacados como son o Grupo Da Cunha, Gadis, Nudesa ou Metaldeza, alén doutras entidades en diferentes sectores como o son complexos hoteleiros, fábricas de alimentación, as cooperativas agrogandeiras ou grandes serradoiros da madeira.  

Campaña de financiamento

Co obxectivo de ampliar horizontes e de continuar a apostar polo tecido industrial galego, E.nova Enerxía lanza unha campaña de financiamento para contribuír coa posta en marcha de varios proxectos de autoconsumo en industrias de ultraconxelados, da metalurxia e da alimentación gandeira nas comarcas do Deza e mais do Condado.
Estes proxectos de autoconsumo fotovoltaico verán a luz en formato PPA On-site, un réxime contractual pola que a E.nova Enerxía corre cos gastos de instalación da fotovoltaica nun tellado cedido por un cliente que, a cambio, recibe un vantaxoso custe fixo por KWh da enerxía renovábel producida.

Beneficios

As vantaxes que atinxen as diferentes empresas con estas plantas en réxime de PPA On-Site inclúen unha maior soberanía enerxética, o abaratamento dos custos e unha optimización dos recursos, adaptándose así aos criterios do necesario proceso de descarbonización. 

Pola súa banda, quen invista nesta carteira de proxectos de PPA On-Site de E.nova Enerxía, atopará un espazo seguro e estábel para o investimento cun risco mínimo, ao tempo que colaborará no fomento da sustentabilidade e no desenvolvemento das enerxías renovábeis no ámbito industrial. Aliás, participará xunto a E.nova Enerxía no fornecemento do tecido empresarial galego partindo dun principio que rexe o traballo desta enerxética integral: xa non hai máis progreso posíbel ca o progreso sustentábel. 

Comentarios