Mauro Varela dimite como presidente de Novagalicia Banco

Afirma lamentar "profundamente" as súas afirmacións sobre que os compradores das preferentes sabían o que facían
Mauro Varela na presentación de Nova Galicia Banco
photo_camera Mauro Varela na presentación de Nova Galicia Banco

Mauro Varela vén de comunicar  a súa “dimisión irrevocábel como Conselleiro Xeral de Novacaixagalicia, que leva consigo a dimisión como membro do Consello de Administración e da presidencia do mesmo”. As súas declaracións realizadas á Radio Galega hai uns días sobre que os compradores das preferentes sabían o que adquirían estaría no cerne da súa decisión. O propio Varela recoñece que "lamenta profundamente" o malestar que esas frases poideron xerar entre @s afectad@s (uns 40.000 en toda Galiza).

A decisión, asemade, prodúcese horas despois de que a Fiscalía Anticorrupción anunciase unha querela contra cinco dicrectivos de NCG.

Comentarios