A taxa de desemprego na Galiza supera o 21%

A EPA constata que neste último ano na Galiza houbo unha media de 154 nov@s desempregad@s ao día

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao segundo trimestre do ano deixa un panorama desolador, na Galiza e no estado, cun nivel de desemprego que reborda o 21% no caso do noso país. No que atinxe ao estado, o 24,6%, a cifra que o propio Montoro, ministro de Facenda, daba a pasada sexta como a previsión do goberno para fin de ano.

Entre o segundo semestre de 2011 e este de 2012 producíronse na Galiza 56.300 novas persoas desempregadas, o que supón unha media de 154 ao día. Unha evolución máis que preocupante e que non presenta visos de cambiar. Todos os sectores están afectados por esta dinámica de destrución de empregos. O 20% dos novos e novas desempregadas que hai no estado son da Galiza.

En termos absolutos, Galiza é o quinto territorio do estado onde máis medrou o paro, só superada por Andalucía, Castela A Mancha, Euskadi e Madrid.

A nivel de Estado, a EPA recolle que xa hai 1.737.000 fogares nos que non traballa ningún dos seus membros.

A nivel de Estado, a EPA recolle que xa hai 1.737.000 fogares nos que non traballa ningún dos seus membros

Perspectivas negras

Os datos da EPA veñen sumarse a unha serie de informes e estudos de diferentes organismos e entidades que nos últimos meses alertan do ritmo de destrución de emprego no estado español. Un deles, o da OCDE, que nun informe advírte que en 2012 e 2013, o sstado español presentará as máis altas taxas de desemprego dos países desenvolvidos, en torno ao 25 por cento. Ou sexa, un de cada catro cidadáns do sstado. Moi por riba de países como Portugal ou Grecia.

Comentarios