"A inacción do presidente da Galiza está provocando unha destrución masiva de emprego"

A deputada parlamentar do BNG, Carme Adán, advertiu ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, que Galiza se atopa nunha "situación límite", despois de coñecer os datos do paro proporcionados esta sexta pola EPA.
Carme Adán
photo_camera Carme Adán, deputada parlamentar do BNG

A deputada parlamentar do BNG, Carme Adán alertou de que o 20% das persoas desempregadas no Estado español son galeg@s. Adán, advertiu ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, que Galiza se atopa nunha "situación límite", despois de coñecer os datos do paro proporcionados esta sexta pola EPA.

A nacionalista, exixiu a Núñez Feijóo que asuma as súas responsibilidades e deixe de esconderse detrás de cortinas de fume, "como a redución de democracia", apelando á supresión de deputad@s no Parlamento de Galiza. Carme Adán, lembrou as verbas do presidente, cando en 2009 aseguraba que acabaría co paro en 45 días e "nestes momentos Galiza está á cabeza do Estado en destrucción de emprego", aseverou Adán.A deputada do BNG lembrou que neste trimestre o diferencial a respecto da media estatal é dun 25,64% máis que o pasado ano nestas datas.

As familias verán incrementado o prezo do material escolar do 4 ao 21%

Carme Adán lembrou a suba do IVE aprobada polo goberno español na última vaga de reformas e asegurou que o vindeiro curso académico exixirá un "esforzo inasumíbel". Neste senso, o grupo parlamentar do BNG vén de presentar unha proposición non de lei para que o goberno da Xunta de Galiza manteña o tipo impositivo no 4%. Así mesmo, a deputada nacionalista dixo que agarda coñecer a postura do conselleiro de Educación sobre o anteproxecto de lei “regresivo que prepara o Ministerio, que recupera as reválidas como medida contra o fracaso escolar".

A fraude electoral promovida por Feijóo supón merma da democracia

A respecto do anuncio de Núñez Feijóo que pretende reducir o número de parlamentares de 75 a 61, Carme Adán asegurou que non se trata dunha medida de aforro, como pretende facer crer o goberno da Xunta, senón unha "merma da democracia" encamiñada a favorecer electoralmente ao Partido Popular a través dun "pucheirazo electoral". Adán intou ao goberno de Feijóo a reducir os gastos da administración galega "suprimindo as campañas publicitaria como a publicada a pasada semana no DOG" cuxo custo alcanzaba o millón de euros.

Comentarios