Esa Galiza que é cada vez máis rica

O número de galegas e galegos que teñen a obriga de pagar o Imposto de Patrimonio aumentou desde que en 2010 se recuperara este gravame. Son xa case 7.700.

Club-baiona-fotode-Marinas

2Non foron estes anos bos para a inmensa maioría da sociedade galega. Non poucos dados, estatísticas e análises avalan esa realidade: a crise pasou unha factura, e nada barata, á maioría da poboación do noso país. Por citar apenas un dado: En 2009 o 14,5% das persoas asalariadas galegas tiña ingresos inferiores á metade do salario mínimo (SMI). Hoxe xa é o 18% das persoas traballadoras e subindo. Ao tempo, 30% da poboación asalariada non acadou o SMI en 2016 cando en 2009 era menos do 26%. 

Porén, hai tamén outra realidade que non debe deixarse fóra de foco: a dos ricos en Galiza. Temos no país case 7.700 persoas que pagan o Imposto de Patrimonio. Son as que se poden denominar persoas ricas. Un privilexiado e selecto grupo que é agora un pouco máis numeroso do que o era en 2010, cando este Imposto se volveu instaurar. Estas 7.700 persoas suman un patrimonio que vai cara aos 35.000 millóns de euros. Unha cifra que multiplica por catro os orzamentos da Xunta para 2018.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 281, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios