Os delegados de CCOO e UXT no comité de Ferroatlántica de Cee-Dumbría deixan estes sindicatos

Rexeitan o acordo acadado en Madrid co apoio destes dúas centrais para sacar adiante un plan industrial que implicaría a venda das hidroeléctricas. Os sete delegados continuarán no Comité mais como independentes.

Ferroatlántica  fechamento CEE

Os sete delegados de CCOO e UXT no comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas presentaron a súa renuncia como representantes destes dous sindicatos estatais. Un paso que dan para deixar claro o seu rexeitamento ao apoio dado polos sindicatos que até agora representaban ao plan industrial da empresa, que implica a venda das hidroeléctricas.

Nun comunicado, os 3 representantes de CCOO cualifican de “decepcionante” o acordo acadado e consideran que nin Comisións nin os outros sindicatos que asinaron o acordo ( UGT, USO e Sindicato Unitario) preocupáronse de “defender os intereses da empresa no canto dos da comarca”.

Os 4 delegados da UXT afirman non se sentir “nin apoiados nin representados” por esas siglas e din que o sindicato “non respectou a nosa postura nin respectou os traballadores desta factoría e non respectou as mobilizacións que fixemos” nestes meses. 

Comentarios