A débeda pública de Galiza roza xa o 17% do PIB

O Banco de España cifra en perto de 9.400 millóns a débeda pública galega. A finais de 2012 era inferior os 8.300 millóns.

Núñez Feijóo
photo_camera Núñez Feijóo

A débeda pública de Galiza representa o 16,8% do Produto Interior Bruto (PIB). Un total de 9.397 millóns de euros, segundo o Banco de España, que indica que esa cifra reduciuse nun 1,34 por cento no segundo semestre do exercicio 2013.

Mais esta débeda aumentou notabelmente a respeito de 2012 e 2001. Cómpre lembrar que a débeda pública de Galiza atinxira en 2012 os 8.228 millóns de euros, o que representaba entón xa o 14,6% do Producto Interior Bruto (PIB) galego, segundo datos ofrecidos polo supervisor bancario. A débeda pública de Galiza aumentara en 2012 a respetito do 2011 nun 17,3 por cento.

Así pois, e segundo os propios datos do Banco de España, a débeda pública agora do noso país consta de mil millóns de euros máis que en 2012.


 

Comentarios