As vendas do comercio polo miúdo caen na Galiza mentres aumentan no Estado

No que vai de 2022, a Galiza acumula unha caída de 2%, mentres que a media estatal incrementa 0,5%.
Unha rúa comercial de Vigo, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press) #comercio #economía #traballo
photo_camera Unha rúa comercial de Vigo, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press) #comercio #economía #traballo

O comercio polo miúdo rexistrou en outubro unha caída das súas vendas do 0,5% na Galiza, se se compara co mesmo mes de 2021, segundo datos publicados esta cuarta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Desta maneira, o comercio polo miúdo galego diminuíu as súas vendas en outubro, a pesar de que a media no Estado español avanzou 1,4% no décimo mes do ano. No que vai de 2022, a Galiza acumula unha caída de 2%, mentres que a media estatal incrementa 0,5%.

Pola súa parte, a taxa de ocupación neste sector subiu 2,4% na Galiza en outubro e 3,1% no que vai de ano, por encima da media do total do Estado, que creceu 1,5% entre outubro de 2021 e o mes pasado e 2,4% nos dez primeiros meses deste exercicio.

A nivelestatal, o comercio polo miúdo rexistrou en outubro un avance das súas vendas de 4% en relación ao mesmo mes de 2021, taxa oito décimas superior á do mes anterior, cando aumentaron 0,6%, sempre segundo datos do INE.

Co dato de outubro, as vendas do comercio polo miúdo encadean tres meses consecutivos de taxas interanuais positivas a nivel de Estado despois do descenso do 3,2% experimentado en xullo.

1.405 comercios retallistas fecharon no último ano na Galiza A crise do comercio retallista semella non tocar fondo. Só desde setembro de 2021 cesaron na súa actividade 1.405 negocios en todo o país. Ao tempo, consolídase unha  caída xeneralizada de emprego no sector.

Comentarios