Asemblea nacional de delegad@s da CIG para analizar novas accións contra as políticas do PP

A asemblea, esta terza en Compostela, finalizará cunha manifestación até San Caetano, sede da Xunta
Manifestación da CIG
photo_camera Manifestación da CIG

O Pazo de Congresos de Santiago de Compostela acolle esta terza feira unha asemblea nacional de delegad@s da CIG, unha cita en que se avaliarán as políticas de atques a dereitos sociais e laborais emprendidas polo goberno do PP, alén de estudar e decidir sobre as respostas que cómpre dar. 

O impacto na maioría social dos recortes e retalladas dos gobernos de Feijóo e Rajoy merecen, considera a central nacionalista, desenvolver accións claras de rexeitamento destas.

 Ao remate, os delegados e delegadas sairán en manifestación, por volta das 12:00 horas, desde o Pazo de Congresos até o complexo administrativo da Xunta en San Caetano.

Comentarios