A CIG membro de pleno dereito da lusofonía sindical

No VI congreso da CSPLP (Comunidade sindical dos países de língua portuguesa) a Confederación intersindical galega incorpórase como membro de pleno dereito.

A CIG vén de ser ratificada como membro de pleno dereito no VI congreso da CSPLP celebrado na cidade mozambicana de Maputo os días 16 e 17 de xullo.

A central sindical nacionalista solicitara en 1999 a súa incorporación á Comunidade sindical de ámbito internacional, mais a situación da Galiza --ao non contar con estado propio-- e os estatutos da Comunidade, non facían posíbel a súa entrada. No ano 2006 a CIG incorpórase á CSPLP como membro observador --o que supuña a modificación de determinadas disposicións estatutarias-- e comeza a desenvolver un importante labor no seo da Comunidade, tanto en actividades de carácter xeral como noutras máis específicas. 

En 2010 a UGT de Portugal propón a modificación dos estatutos co obxectivo de que a CIG sexa incorporada como membro de pleno dereito, aprobándose por unanimidade na Comisión executiva do posterior congreso. Poucos meses despois, a central nacionalista solicita a mudanza do seu estatuto de observador, preciso para ser integrada á CSPLP. O Comité executivo aprobou esta solicitude en xuño do 2012 e o VI congreso, celebrado un mes despois en Maputo, ratificou esta decisión con 13 votos a favor e dúas abstencións.

Coa incorporación da CIG, a Comunidade sindical dos países de língua portuguesa fica composta por dezasete países lusófonos:

Membros efectivos:

Angola

v     UNTA: União Nacional dos Trabalhadores Angolanos

v     CGSILA: Central Geral de Sindicatos Independentes e Livres de Angola

Brasil

v     CUT: Central Única dos Trabalhadores

v     FS: Força Sindical

v     UGT: União Geral de Trabalhadores

Cabo Verde

v     CCSL: Confederação Caboverdiana de Sindicatos Livres

v     UNTC: União Nacional dos Trabalhadores de Cabo Verde

Galiza

v     CIG: Confederación Intersindical Galega

Guinea Bissau

v     UNTG/CS: União Nacional dos Trabalhadores Guineenses

Mozambique

v     CONSILMO: Confederação de Sindicatos Independentes e Livres de Mozambique

v     OTM: Organização dos Trabalhadores de Moçambique

Portugal

v     CGTP/IN: Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses – Intersindical Nacional

v     UGT: União Geral de Trabalhadores

San Tomé e Príncipe

v     ONTSTP: Organização Nacional dos Trabalhadores de S. Tomé e Príncipe

v     UGT/STP: União Geral dos Trabalhadores S. Tomé e Príncipe

Timor Leste

v     KSTL: Konfederasaun Sindikatu Timor Lorosa’e

Membros observadores:

Macao

v     ATFPM: Associação dos Trabalhadores da Função Pública de Macau

Comentarios