O peche de afectad@s polas preferentes noa Casa do Concello do Rosal era un símbolo da loite deste colectivo de milleiros e milleiros de persoas. Este domingo cumprirían seis meses de encerro. A operación da Garda Civil a primeiras horas desta mañá, expulsando ás e aos encerrados da Casa do Concello coutou ese aniversario. O alcalde, do PP, xustificou o operativo argumentando que o peche afectaba aos dereitos d@s veciñ@s e á calidade da atención municipal. Ambos os dous extremos sempre foron negados pol@s afectad@s polas preferentes, pois sempre coidaron que o encerro non alterase as xestións que a veciñanza ía realizar á Casa do Concello.
Mantéñense os peches en Gondomar (a piques de cumprir seis meses) e Boiro. Mais desde as plataformas temen que tamén alí se produzan despexos, nunha dinámica tendente a afogar esta loita.