A débeda pública galega supera os 8.200 millóns de euros e acariña xa o 15% do PIB

A débeda pública de Galiza aumentou nun 17 por cento a respeito do exercicio anterior, o 2011.
O diñeiro negro vai en aumento no Estado

A débeda pública de Galiza atinxiu en 2012 os 8.228 millóns de euros, o que representa xa o 14,6% do Producto Interior Bruto (PIB) galego, segundo datos ofrecidos polo Banco de España. A débeda pública de Galiza aumentou a respetito do 2011 nun 17,3 por cento.

A débeda do conxunto das administracións públicas do Estado atinxíu en 2012 os 884.416 millóns de euros, o que xa equival o 84,1% do PIB, o seu nivelmáis alto da serie histórica (que comeza en 1990). No que atinxe ao Estado, a débeda pública incrementou nun 8,2% no derradeiro trimestre de 2012 e un 20% no conxunto do ano.

 Por niveis de administración, a central é a máxima responsábel do endebedamento (760.262 millóns de euros, o que equival o 72% do PIB), mentres que as autonomías son o 17% do PIB e os concellos o 4 por cento.

Comentarios