A CIG reunirase coa Comisión Europea para explicarlle o impacto social e laboral do rescate a NGB

O 26 de novembro, antes da aprobación definitiva do Plan de Recapitalización de NGB, a central nacionalista estará en Bruxelas para defender ante a Comisión alternativas fronte aos recortes sociais e laborais pactados pola dirección de Novagalicia banco e o goberno central.
Nova Galicia Banco
photo_camera Nova Galicia Banco

A CIG de Banca decidiu solicitar unha reunión coa Comisión Europea para analizar o impacto social e laboral da entrada en Resolución Ordenada (RD 24/2012) da entidade financeira. Unha xuntanza solicitada após que dirección de NGB e goberno central fagan reiterado fincapé en que os recortes laborais nas entidades nacionalizadas son unha imposición da Troika e que esta non negocia.

A central nacionalista sinala que rexeita a inxección de diñeiro público na banca e que as entidades que reciban axudas sexan posteriormente privatizadas, "xa que se trata dunha socialización das perdas e da futura privatización dos beneficios". Defende tamén a importancia de contar cunha entidade propia para o tecido económico da Eurorexión Galiza-norte de Portugal, a vez que denuncia que o proceso de concentración estivo tinguido dun certo proteccionismo que favoreceu aos grandes grupos bancarios privados, provocando unha maior concentración do sector e menor competencia. 

Apertura de expediente ao estado español

A CIG pide tamén que se abra un expediente informativo ao Estado Español por non ter adaptado en tempo e forma a Directiva Comunitaria que restrinxía os salarios dos altos executivos bancarios, permitindo con esa deixación dolosa, escándalos coma os dos directivos de novacaixagalicia.

Desde o sindicato se incide en que os recortes da capacidade da entidade (peches de oficinas, despedimentos e outras restricións comerciais), supoñen inviabilizar a entidade facendoa cada vez mais dependente das axudas pública, o que xustifica a súa entrega a gran banca; e poden contribuir á marxinación financeira dun segmento importante da poboación galega.

Comentarios