Tino Saqués aumenta o seu control sobre o Lugo

Amplía o capital social vía Xunta Extraordinaria.
A empresa de Saqués controla 77,58% das accións. (Foto: CD Lugo).
photo_camera A empresa de Saqués pasará a controlar 77,58% das accións. (Foto: CD Lugo).

A delicada situación económica do único conxunto galego na Segunda División de fútbol, un Club Deportivo Lugo que o paso mes de decembro anunciaba unhas perdas de 2,52 millones de euros para un orzamento total de 7,6 millóns, levou á dirección da entidade albivermella a convocar unha Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas que se desenvolverá no salón de actos do Pazo de Feiras da Cidade da Muralla os próximos días 12 e 13 de abril, en ambas as ocasións a partir das 20 horas.

O primeiro e fundamental punto da orde do día é a "aprobación do aumento do capital social, por compensación dos dereitos de crédito que ostenta Frisaques SLU fronte á sociedade e que constan no informe do Consello de Administración mediante a emisión de 46.000 novas accións, de 10 euros de valor nominativo cada unha e, en conxunto, de 460.000 euros.

Isto significa que Frisaques, entidade propiedade do actual presidente do Club Deportivo Lugo, Tino Saqués, aumentará o seu control xa maioritario sobre a entidade, pasando de dispor nas súas mans de 75% das accións a un 77,58%. 

Deste modo, esta ampliación de capital, que chega un ano despois de que o equipo recibise un préstamo de máis dun millón de euros por parte de Frisaqués -ao que se uníu outro con Abanca de 1,5 millóns- dada o complicado estado das súas contas supón unha forma de que Tino Saqués recupere -aínda que en forma de accións- parte dos cartos prestados ao club. 

Conflito televisivo na Primeira RFEF

Deixando o Club Deportivo Lugo e a Segunda División para situar o foco na terceira, unha Primeira RFEF na que militan Deportivo, Rácing de Ferrol e Celta B, os conflitos relacionados cos dereitos televisivos ameazan con deixar sen fútbol vía pequena pantalla aos seguidores e seguidoras desa terna de equipos, como poden dar fe as seareiras dos Diaños Verdes, que xa non puideron ver o choque de antonte no que superaron pola mínima (1-0) o Raio Maxadahonda.

A causa está na disputa que sostén a empresa Footters -que até o de agora retransmitía os encontros- con Fuchs Sports, propietaria dos dereitos da categoría e que xa anuncio que os partidos poderán verse de balde pola súa web. 

Comentarios