Fútbol | Copa

O Pontevedra, a por outra fazaña

Aspira a superar un Mallorca de Primeira.
O técnico granate, Antonio Fernández, quere "facer historia". (Foto: Pontevedra CF)
photo_camera O técnico granate, Antonio Fernández, quere "facer historia". (Foto: Pontevedra CF)

Ademais do Celta, a única escuadra galega que sobrevive na Copa do Rei é o Pontevedra Club de Fútbol, que recibe en Pasarón esta cuarta feira, ás 19 horas, todo un equipo de Primeira División como é o Mallorca.

O obxectivo dos granates non é outro que repetir a fazaña da eliminatoria anterior, na que se desfixo outro potente conxunto insular, o Tenerife.

Non obstante, o heroe daquel partido e autor dos dous tantos do Pontevedra, un Libasse Guèye nomeado hai tan só sete días pola Federación do seu país como o futbolista Sub-23 máis prometedor do Senegal, está en paradoiro descoñecido.

Convocado para comezar os adestramentos o pasado 28 de decembro, desde entón agardan pola chegada dun home que explotara na Copa logo de participar en só 262 minutos en Liga.

Tampouco estará ante o Mallorca outro home con escasa participación até o momento, Mario Ortiz (369'), quen cambia Pontevedra por Alxeciras. Porén, estas baixas non minguan o espírito competitivo do técnico granate, Antonio Fernández, quen se mostrou decidido a "facer historia".

Comentarios