Partidos cruciais para Dépor e Celta contra o descenso

Ás 10.00 da noite e contra un Granada que o sitúa a 5 puntos da permanencia, o Deportivo terá que facer fronte a un dos partidos máis cruciais da tempada. Pola súa banda, o Celta entrontarase ás 18.00h ao Valencia en Balaídos. 

Xornada 23 de Liga, o fútbol galego xoga unha importante batalla este sábado en Riazor. O Deportivo da Coruña terá que gañar si ou si ao Granada se quere remontar a tendencia das últimas xornadas e recuperar o ánimo e o entusiasmo d@s súas [email protected] once de Domingos Paciência enfrontará un partido decisivo cuxa vitoria outorgaría posibilidades de permanencia ao clube. 

Pola súa banda, o Celta enfrontarase ao Valencia após varias xornadas colleitando malos resultados. Ás 18.00 en Balaídos Paco Herrera terá que demostrar que aínda pode liderar á equipa logo de que se comezase a cuestionar a súa figura após os últimos encontros. 

En segunda, o Lugo loitará polos tres puntos contra o Sporting de Xixón 

Comentarios