A obrigatoriedade de acudir a unha convocatoria da selección española, a debate no Congreso

A iniciativa xa foi rexistrada por ERC e será debatida nunha sesión plenaria do vindeiro ano, previsibelmente no mes de xaneiro.
Xogadoras da selección española de fútbol nunha imaxe de arquivo (Foto: Aapimage / Dpa).
photo_camera Xogadoras da selección española de fútbol nunha imaxe de arquivo (Foto: Aapimage / Dpa).

Haberá quen non o saiba mais na actualidade calquera deportista federado que sexa chamado a convocatoria pola selección española ten o “deber” de acudir.

Quen non o fixer pode sufrir sancións económicas e mesmo nalgúns casos retirada da licencia federativa. Por este motivo, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) rexistrou unha iniciativa no Congreso para que se debata esta cuestión.

Antiga reclamación

Unha antiga reclamación do partido catalán que busca que sexa “unha opción, un dereito” participar das convocatorias da selección española en calquera deporte, non como na actualidade xa que “se impón”.

A iniciativa consiste nunha modificación da Lei do Deporte para que a presenza de calquera xogadora ou xogador na selección española deixe de ser considerada un deber e sexa exclusivamente un dereito, á vez que estabelece a capacidade de elección libre de calquera deportista para decidir se acudir ou renunciar á convocatoria.

A iniciativa foi rexistrada e será debatida nunha sesión plenaria do vindeiro ano, previsibelmente no mes de xaneiro.

Comentarios