Noia quenta motores para o 50 aniversario do Rally Berberecho

A proba homenaxeará o desaparecido Diego Mayo.
O certame noiés arrancará esta sexta feira, día 19 de abril. (Foto: Escudería Berberecho).
photo_camera O certame noiés arrancará esta sexta feira, día 19 de abril. (Foto: Escudería Berberecho).

Esta fin de semana unha das probas máis senlleiras do panorama automobilístico galego, o Rally Berberecho, está de celebración, pois alcanzará os seus 50 anos de existencia.

Inserida no calendario do Campionato Xunta da Galiza da modalidade, da que será a súa terceira proba puntuábel, os motores arrancarán a próxima sexta feira, 19 de abril, punto de partida da trixésimo oitava edición do certame.

Ademais, a proba será especial porque servirá para homenaxear o recentemente desaparecido Diego Mayo, piloto de 25 anos que perdeu a vida a pasada Noiteboa nun accidente de tráfico no lugar da Barquiña (Noia).

Con respecto á participación, Javier Rodríguez, presidente da entidade responsábel da organización -a Escudería Berberecho- confirmou que haberá 133 coches -entre os que destacan os Citröen C3 World Rally Car de Víctor Senra e Alberto Otero ou o Ford Siesta WRC de Manuel Senra-, unha cantidade "moi por enriba do esperado" e que suporá a chegada de participantes desde localidade como "A Coruña ou Lalín".

A acción comezará o 19 cunha cerimonia de saída prevista na Alameda de Noia ás 20.30 horas, que ocupará o lugar deixado polo habitual tramo urbano, momento que se aproveitará, ademais, para recordar Diego Mayo.

Xa que logo, a carreira como tal concentrarase ao longo do sábado, 20 de abril, partindo o primeiro dos vehículos contendentes ás 8.35 horas para encarar o primeiro dos 17 sectores distribuídos en catro tramos que conforman a cita 

Axudas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Nesta sexta feira abriu oficialmente o prazo de solicitude das bolsas para pilotos de rally que convoca a Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Estas achegas están dirixidas a deportistas federados nalgunha das federacións oficiais de automobilismo, de calquera categoría, nas modalidades de rally de asfalto, terra e montaña e vehículos históricos, e con residencia na provincia.

As bolsas oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, de acordo cos resultados acadados polas persoas solicitantes nas probas disputadas nos distintos campionatos galegos, estatais e internacionais, e o prazo de solicitude permanecerá aberto até o 26 de abril, incluído.

Máis en DEPORTES
Comentarios