Galiza proclámase campioa da Copa das Rexións da UEFA

Galiza, anfitrioa da Copa das Rexións da UEFA, deleitou a máis de 4.000 espectadores en Vilagarcía de Arousa ao vencer a Belgrado por 3-1 e converterse en campioa do torneo europeo.
A Irmandiña celebra a vitoria ante Belgrado por 3-1 (Foto: UEFA).
photo_camera A Irmandiña celebra a vitoria ante Belgrado por 3-1 (Foto: UEFA).

Galiza, anfitrioa da Copa das Rexións da UEFA, deleitou a máis de 4.000 espectadores en Vilagarcía de Arousa ao vencer a Belgrado por 3-1 e converterse en campioa do torneo europeo.

A Irmandiña esperaba non ter que facer cambios con respecto á vitoria por 1-0 contra Baviera, que lle deu o pase á fase final, pero unha lesión de última hora de Pablo Carabán obrigou Antonio González a ocupar o centro da defensa.

Iso non impediu que os galegos dominasen desde o principio un Belgrado que presentaba tres cambios con respecto á vitoria por 2-1 ante o Lisboa que lle valeu o primeiro posto de grupo, a falta do sancionado Mladen Miljković.

Galiza, que xa estivera perto, adiantouse aos nove minutos, cando o perigoso extremo Iñaki Martínez enviou un balón á área ao que Félix Rial chegou antes que Aleksandr Bojović, para eludir o porteiro antes de marcar.

Belgrado tratou de reaccionar cando Miljan Tošković escapou en solitario, pero o seu disparo afastado foi desviado por Ramón Rodríguez.

Galiza seguía dominando, sobre todo a través dos seus extremos Álex Rey e Iñaki Martínez.

Foi Rey quen fixo o segundo ao final da primeira parte; o seu disparo desde fóra da área foi tocado coa man por Željko Krstović, que recibiu a súa segunda amoestación, e o número 7 galego transformou o penalti con tranquilidade.

O gol de Belgrado

Milan Kolarević, practicamente na última xogada da primeira parte, estivo a piques de bater a portaría irmandiña cun disparo escorado. Pouco antes de cumprirse a hora de xogo, Kolarević volveu lucirse na área e o seu disparo coouse xunto ao poste para facer o 2-1.

Marko Gavrilović obrigou o gardameta galego a realizar unha magnífica parada antes de que Dimitrije Gavrilović rematase por encima do arco cando o Belgrado buscaba o empate. Con todo no outro extremo Iñaki Martínez disparou con toda a portaría para el facendo o 3-1. O suplente Adri Otero estivo aínda máis peto pouco despois, pero o seu disparo estrelouse no poste.

Comentarios