Frank Casañas queda sétimo na final de lanzamento de disco

O tudense de adopción chegou e loitou até o final mais non conseguiu superar o alto nivel da proba nestes Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Frank Casañas, atleta galego-cubano
photo_camera Frank Casañas, atleta galego-cubano

O atleta tudense Frank Casañas, de orixe cubana e federado na Galiza, conseguiu meterse na final de lanzamento de disco, a súa especialidade, nestes Xogos Olímpicos de Londres acadando un meritorio sétimo lugar. Cuns rivais tan competitivos como os que compartiron hai uns minutos a proba no Estadio Olímpico. A medalla de ouro foi para Roberto Harting (Alemaña) con 68,27 m., a medalla de prata para Ehsan Hadadi (Irán) con 68,18 . e a de bronce para Gerd Kanter (Estonia) con 68,03 m. O galego obtivo un mellor lanzamento de 65,56 m. polo que quedou en sétimo lugar.

Traxectoria deportiva
Jennifer Frank Casañas Hernández (Guanabacoa, La Habana, Cuba) é un especialista en lanzamento de disco. Casou coa tamén atleta galega Dolores Pedrares e obtivo a nacionalidade en 2008. Pertence á Federación galega de Atletismo e vive en Tui. Na súa carreira obtivo resultados importantes como un terceiro posto no Campionato do Mundo Junior Sídney, Australia (1996), un segundo posto nos XVIII Xogos Centroamericanos e do Caribe Maracaibo, Venezuela (1998), un segundo posto nos XIV Xogos Panamericanos de Santo Domingo, República Dominicana (2003), un quinto posto nos Xogos Olímpicos de Pekín e un primeiro posto na Copa de Europa de Lanzamientos Quinta do Anjo, Portugal (2009).

Comentarios