Sete equipos pelexarán por traer por primeira vez para Galiza o Campionato ibérico de fútbol gaélico

Fillos de Breogán, Estrela Vermelha e Irmandinhos (masculino), e Fillas, Irmandinhas, Ártabras e Estrela Vermelha (feminino) desputarán esta competición.

futbol gaélico

Van ser sete as equipas que tentarán traer, por primeira vez, o título do Campionato ibérico de fútbol gaélico para Galiza, unha competición que se resiste aos clubs galegos, embora o enorme progreso que acadaron nestes anos. Das roldas clasificatorias desputadas en Galiza tiñan que saír tres equipas masculinas e catro femininas para a rolda fina, que se vai xogar en Madrid. Fillos de Breogán, Estrela Vermelha e Irmandinhos (masculino), e Fillas, Irmandinhas, Ártabras e Estrela Vermelha (feminino) desputarán esta competición.

O campionato ibérico abrangue os equipos na península e desde 2006 é considerado un campionato rexional que puntúa para o europeo. O palmarés está liderado, na categoría masculina, polo 'Madrid Harps', con 6 títulos; seguido do Barcelona Gaels, con 3. En feminina, Madrid Harpettes acumula 6 campionatos.

Agás na Galiza, onde os integrantes dos equipos son en case a súa totalidade galegos e galegas, no resto dos equipos que compiten (de Madrid, Catalunya, Valencia, Andalucía...) contan cunha representación de xogadores irlandeses. 

Comentarios