O Dépor remonta, bate o Betis e pasa a oitavos de final da Copa do Rei (3-1)

Un equipo con novidades gañou no día no que o holandés Babel anuncia a súa marcha.

Dépor
photo_camera Imaxe: La Liga

O Depor amosou oficio e efectividade e eliminuou o Betis, remontando o 1-0 da ida, clasificándose para oitavos de final da Copa do Rei. Os coruñeses están a facturar nestes últimos partidos uns bos resultados: levan 12 goles en 4 partidos. Contra o Betis, exerceu o dominio do encontro, o que non significa que non pasase apuros nalgúns tramos. Porén, mesmo desperdiciou un penalti, mandando Joselu a bola por riba do traveseiro.

Foi unha equipa con novidades a respecto do que desputou a eliminatoria en terras an daluzas. Alejandro Arribas, Guilherme dos Santos, Ryan Babel, Fayçal Fajr y Joselu, en detrimento de Raúl Albentosa, Fernando Navarro, Álex Bergantiños, Carles Gil e Florin Andone. Se ben non asinou un partido con tanto fútbol como os desta recta final si que amosou o Dépor unha gran efectividade. Sufriu cando deixaba de ter o dominio da bola, mais con ela o xogo ordenábase ao seu gosto. Remontou e clasificouse.

Ficha técnica

RC Deportivo: Rubén, Juanfran, Arribas, Sidnei, Luisinho, Pedro Mosquera (Borges, min. 90), Guilherme, Babel (Emre Çolak, min. 89), Fayçal Fajr, Marlos Moreno (Bruno Gama, min. 78) e Joselu.

Real Betis: Dani Giménez, Piccini, Mandi (Rubén Castro, min. 67), Pezzella, Bruno, Durmisi, Petros (Jonas Martin, min. 67), Donk (Felipe Gutiérrez, min. 83), Dani Ceballos, Álex Alegría e Tony Sanabria.

Goles: 1-0 Arribas (min. 11); 2-0 Luisinho (min. 54); 3-0 Babel (min. 59); 3-1 Piccini (min. 66).

Árbitro: González González (c. castelán-leonés). Cartón amarelo a Bruno (min. 57), Dani Ceballos (min. 77), Joselu (min. 80) e Jonas Martin (min. 90+1).


 

Comentarios