A delegación galega de piragüísmo terá en Serbia 23 deportistas

Uxía Rodríguez, do Kaiak Tudense, estará en Belgrado (Foto: Kaial Tudense)
photo_camera Uxía Rodríguez, do Kaiak Tudense, estará en Belgrado (Foto: Kaial Tudense)

O Campionato de Europa Sprint Júnior e Sub23 2022 de piragüismo, que decorrerá desde hoxe e até o domingo en Belgrado (Serbia) contará cunha importante presenza galega. Serán 23 deportistas da Galiza dun total de 51 do Estado español.

As competicións desta quinta feira comezarán coas series de 1000 e 500 metros e será o sábado cando se poñan en xogo as primeiras medallas.

David Barreiro (Náutico Rodeira), será o primeiro en debutar no C1 1000 metros sub 23 (10.40 horas). En kaiak, Irene Latexe (Ría de Betanzos) sairá ás 11.01 horas. Ademais, pola tarde estará no K4 500 metros.

O C2 xuvenil, con David Bautista (Cidade de Pontevedra) e Mauro Pardavila (Náutico Rodeira) sairán ás 11.29 horas.

Valeria Oliveira (Piraguismo Poio) comezará no C1 500 metros ás 13.01 horas, competindo tamén en 200 metros. Lara Feijoo (Kaiak Tudense) estará en K1 500 e 200 metros. 

A  canoista Claudia Couto (Cidade de Pontevedra), polo seu lado, estará en C1 500, 200 metros e C2 500. Pola tarde, Nicolás Gayol (Piragüismo Altruán) e Antón Cao (Náutico Firrete) competirán en K2 500 metros ás 16.05 horas. Antía Landeira (Naval de Pontevedra) e Uxía Rodríguez (Kaiak Tudense) estarán no K2 500 metros  xuvenil ás 16.45 horas. Os irmáns Noel e Diego Domínguez (Breogán) tomarán a saída ás 17 horas en C2 500 metros Sub 23.

Carmen Villar competirá no  K2 500 metros Sub 23 e no K4 xuvenil 500 metros, ás 17.30 horas, estará  Mauro Domínguez (Piragüismo Verducido) e Iago García (Kaiak de Foz).

Por último, Iván Fernández (Ría de Betanzos) e Pablo Roza (Fluvial de Lugo) estarán na categoría sub 23 xunto con Blai Muñoz e Adrián do Río. O resto de intervencións serán a sexta feira (Xoel García, Pablo Graña e Alba Rodríguez) e o sábado (Pablo Crespo e Jaime Duro).

Comentarios