Cristiano Ronaldo porá a proba o Celta de Benítez no Algarve

Importante reto de pre tempada para os celestes.
Cristiano tornou no primeiro xogador en marcar en cinco mundiais. (Foto: Europa Press)
photo_camera O luso é a estrela do Al-Nassr.. (Foto: Europa Press)

O novo proxecto do Celta de Vigo, comandado por un Rafa Benítez que continúa sen ser presentado oficialmente, volverá aos adestramentos o 3 de xullo.

Apenas un par de semanas despois afrontará un importante reto de tempada na edición 2023 do Troféu do Algarve.

As dúas escuadras que se enfrontarán á celeste nun torneo que adopta o formato triangular son o Al-Nassr saudita, no que milita Cristiano Ronaldo, e o Benfica.

Está previsto o choque contra os de CR7 ás 20.30  horas do 17 de xullo e ás 20.30 do 21 de xullo o partido ante os encarnados lisboetas.

Por outra parte, o Real Club Celta tamén comunicou que ás 20 horas do 6 de xullo no Teatro Afundación de Vigo terá lugar a presentación do Himno do Centenario,  a cargo de C. Tangana.

Tere Abelleira xogará a Copa do Mundo

Cambiando o fútbol masculino polo feminino, Tere Abelleira será a única futbolista galega na inminente Copa do Mundo, que comezará 0 20 de xullo en Australia e Nova Zelandia.

A centrocampista de 23 anos, que actualmente milita no Real Madrid logo de destacar no Deportivo da Coruña entre 2016 e 2020, xa estivera na pasada Eurocopa, collendo agora a remuda da lendaria Vero Boquete, que disputara a súa única Copa do Mundo no ano 2015. 

Comentarios