A Zona Pro do Carballo Interplay debaterá a creación de plataformas dixitais nas canles públicas

A xornada do día 5 está dedicada aos profesionais, empresas e productoras do ámbito dixital e audiovisual para abordar a creación de contido na rede en todos os formatos.

As plataformas dixitais nas canles públicas de televisión serán obxecto d debate no Carballo Interplay.
photo_camera As plataformas dixitais nas canles públicas de televisión serán obxecto d debate no Carballo Interplay.

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay dedicará parte da xornada do día 5 de abril á Zona Pro, un espazo de reflexión e xuntanza no que voces relevantes do mundo dixital e audiovisual conversarán sobre temas de actualidade e tendencias nestes eidos. Falarase do éxito da rexouba e a nostalxia na rede cos xornalistas Juan Sanguino, Raquel Piñeiro e Anxo F. Couceiro, do estado dos podcast e web series co investigador e director de Estación Podcast Nacho Gallego e co cineasta Joël Bassaget.

O lanzamento de OTT nas televisións autonómicas CRTVG e EITB, de Euskadi será outro tema dos temas a debate. Ademais, durante a tarde os asistentes poderán participar nun obradoiro de creación dixital da man de Pol Mallafré, de Mockudrames.

 

Plataformas en televisións públicas

Abrirá a xornada o tema OTTs nas televisións autonómicas. Adaptación e fusión para o presente ás 10.30, coa participación de María Sabucedo -directora das novas plataformas de CRTVG Agalega.gal e Xabarin.gal- Unai Iparragirre, director de EITB. Unha conversa centrada nos proxectos dixitais de dúas televisións autonómicas pertencentes a territorios con lingua propia.

Ás 11.30 comezará o panel con Joël Bassaget, guionista de series de animación desde 1989 e investigador na Universidade de Wollongong (Australia), falará das tendencias actuais no mundo das web series. Ás 12.30 o tema do panel será o podcast, da man de Nacho Gallego, investigador da industria sonora e director de contenidos de Estación Podcast, un dos eventos máis importantes da creación sonora no Estado.

Pechará a xornada desta edición da Zona Pro o panel Internet para explicar o presente a través do pasado. É a rexouba éxito asegurado?, con Juan Sanguino, Raquel Piñeiro e Anxo F. Couceiro. 

Comentarios