As XXII Xornadas Pedagóxicas da Rede Museística de Lugo abren as inscricións

Baixo o título de Museos Situados: xestión, educación e territorio, o programa levarase a cabo durante catro días, o 29 e 30 de maio e o 5 e 6 de xuño

A deputada de Cultura, Iria Castro, á esquerda, a importancia deste programa "pensado para profesionais de museos e investigadoras".
photo_camera A deputada de Cultura, Iria Castro, á esquerda, a importancia deste programa "pensado para profesionais de museos e investigadoras".

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) da Vicepresidencia da Deputación abre o prazo de inscrición das XXII Xornadas Pedagóxicas que se celebran durante o 29 e 30 de maio e o 5 e 6 de xuño nos Museo de Lugo, o Pazo de Tor e o Museo-Fortaleza San Paio de Narla.

A formación, que leva como título Museos Situados: xestión, educación e territorio, dalle importancia ás actividades levadas a cabo nos centros escolares e museos, promovendo o traballo conxunto como ferramenta para a transformación social.

Nas actividades os puntais clave serán a escola e os museos, traballando xuntos como ferramentas de transformación social. Resulta básica a asimilación de coñecementos para o desenvolvemento dun pensamento crítico e propio das crianzas. Estas xornadas promoven dende a Rede Museística Provincial unha educación pausada, reflexiva, facendo camiño a ritmo, inclusiva, igualitaria e sostible.

Reforzar os vínculos entre os museos e a rede educativa

A deputada de Cultura Iria Castro destacou a importancia “deste programa pensado e traballado para profesionais de museos e investigadoras, así como para a comunidade educativa. Desde a Rede Museística queremos seguir impulsando estas actividades que dan a coñecer os recursos que ofrecen os museos para incorporalos ao ensino. Igualmente, destacar a continuidade destas xornadas na aposta por seguir reforzando os vínculos entre os museos provinciais e a comunidade educativa”.

As persoas interesadas xa poden presentar a documentación a través da páxina web da Rede Museística. Desde a institución provincial resérvanse 20 prazas para mestres en activo; tamén se reservan 5 prazas para mestres en paro e outras 5 para profesionais vencellados á educación de museos. A inscrición debe facerse desde o formulario  que se atopa na web https://comunidadermpl.gal.   

Comentarios