O semanario 'Sermos Galiza', candidato ao premio Follas Novas de Xornalismo Cultural

Os premios Follas Novas do Libro Galego acaban de completar a primeira fase de selección da edición deste 2022. Os galardóns daranse a coñecer no mes de maio.
Capa Sermos Galiza Día da Patria Galega 2021
photo_camera Capa Sermos Galiza Día da Patria Galega 2021

A primeira escolla de candidatos aos premios Follas Novas do Libro Galego xa é pública. Seis títulos por categoría nunha nova edición destes galardóns que veñen de ampliar o proceso de selección cunha fase extra antes da designación de finalistas.

O semanario cultural Sermos Galiza, que cada sábado acompaña o xornal Nós Diario, resultou elixido na categoría de Xornalismo Cultural a canda outros cinco aspirantes.

Ademais, na categoría de Divulgación, Héitor Picallo é parte da primeira selección de finalistas como autor de O escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional, editado por Sermos Galiza.

En total, máis de setenta títulos son candidatos aos premios Follas Novas en doce categorías literarias trala primeira fase de selección realizada polo xurado dos galardóns. Na próxima fase escollerá tres finalistas e, na última, os títulos gañadores en cada unha das categorías.

Os premios, o 7 de maio

Os resultados destes premios daranse a coñecer na gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 7 de maio.

Coas novidades introducidas para esta edición, as tres organizacións convocantes dos galardóns, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías da Galiza, fixeron unha proposta inicial que superou o centenar e medio de títulos, ampliando o número de obras participantes sobre edicións anteriores.

Sobre esa proposta inicial, o xurado fixo a selección para escoller os seis títulos candidatos en cada categoría ademais das categorías de proxectos e de xornalismo cultural.

Candidatos Premios Follas Novas 2022

Ensaio e investigación

  • Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán María Pilar García Negro Alvarellos Editora
  • Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950 Miguel Anxo Seixas Seoane Editorial Galaxia
  • História da Dança Contemporânea na Galiza Afonso Becerra de Becerreá Através Editora
  • A xustiza pola man. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea Francisco J. Leira e Miguel Cabo (coord.) Edicións Xerais de Galicia
  • O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización Henrique Monteagudo Editorial Galaxia
  • Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista Beatriz Busto Miramontes Através Editora

Divulgación

  • Desmontando o corpo, construíndo a ciencia. As xemelgas Fernández de la Vega Andrea Barreira Baía Edicións
  • Pandemias. As epidemias que asolaron a humanidade Juan J. Gestal Otero Edicións Bolanda
  • H2… Oh!!! Pingas científicas María Canosa Editorial Galaxia
  • O escudo do reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional Héitor Picallo Sermos Galiza
  • Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés Narciso de Gabriel Editorial Galaxia
  • Reboiras. O camiño da rebeldía Xurxo Martínez Crespo e Xosé Manuel Pereiro Aira Editorial

Narrativa

  • O cervo e a sombra Diego Ameixeiras Edicións Xerais de Galicia
  • Golpes de luz Ledicia Costas Edicións Xerais de Galicia
  • Deixádenos remar Ana Cabaleiro Edicións Xerais de Galicia
  • A vida secreta de Úrsula Bas Arantza Portabales Editorial Galaxia
  • As malas mulleres Marilar Aleixandre Editorial Galaxia
  • Coidadora María Marco Edicións Xerais de Galicia

Infantil

  • Douche a miña palabra Fran Alonso (Bea Gregores, ilustradora) Edicións Xerais de Galicia
  • Don Carlos e o misterio dos lucecús Patricia Torrado Queiruga (Xan López Domínguez, ilustrador) Baía Edicións
  • O Día dos Vivos. Os Minimortos Ledicia Costas (Mar Villar, ilustradora) Edicións Xerais de Galicia
  • A mestra corremundos Arancha Nogueira (Ana Varela, ilustracións) Cuarto de inverno
  • Neko Eva Mejuto (Bea Gregores, ilustradora) Oqueleo
  • A caca Cuca Irene Alonso Gasalla Editorial Galaxia

Xuvenil

  • A nena lectora Manuel Rivas (Susana Suniaga, ilustradora) Edicións Xerais de Galicia
  • Santoamaro Antonio Manuel Fraga Edicións Xerais de Galicia
  • Contos de obxectos Xabier P. DoCampo (DNL, ilustracións) Edicións Xerais de Galicia
  • Todos fomos Marcos Calveiro Edicións Xerais de Galicia
  • Maxia de pedra Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan (Eli García, ilustradora) Edicións Xerais de Galicia
  • O segredo de Al’eume Pilar Ortega Cuarto de Inverno

Ilustrado

  • Nación Mar Xosé Iglesias Editorial Bululú
  • XelArias, palabra á intemperie Emma Pedreira, Laura Romero Baía Edicións
  • Animalfabeto Nuria Díaz, Eva Mejuto Triqueta Verde Editora
  • A Coruña David Pintor Kalandraka Editora
  • A miña árbore secreta David Pintor La Guarida Ediciones
  • Guia definitiva dos anfibios e reptiles da Galiza Pancho Lapeña, Ignacio Munilla Soriano 

Banda deseñada, gráfico, e humor

  • A Silveira Kiko da Silva Retranca Editora
  • Aldara. A lenda do cervo branco Inés Vázquez Demo Editorial
  • O pexego mecánico Víctor Tizón Demo Editorial
  • Que tempos! Xaquín Marín Edicións Embora
  • Nós seis Julia Lago Deputación Coruña
  • O destino de Kameko Abel Alves e Jorge Campos Aira Editorial

Iniciativa bibliográfica

  • Castelao. Construtor da nación (3 volumes) Miguel Anxo Seixas Seoane Editorial Galaxia
  • Colección Chave Mestra VV. AA. aCentral Folque
  • Colección Memoria Histórica Narciso de Gabriel Editorial Galaxia
  • Colección Cidades David Pintor Kalandraka Editora
  • Colección Os Minimortos Ledicia Costas Edicións Xerais de Galicia
  • Sección As libreiras VV. AA. Revista Luzes

Obra traducida

  • Canto eu a montaña baila Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos Kalandraka Editora
  • O quinto en cuestión Robertson Davies. Tradución de Alejandro Tobar Kalandraka Editora
  • Ión. Ciclope Eurípides. Tradución de Iria Pedreira Sanjurjo Rinoceronte Editora
  • O infinito nun xunco Irene Vallejo. Tradución de María López Suárez Edicións Xerais de Galicia
  • O deus das pequenas cousas Arundhaty Roy. Tradución de Antía Veres Xesto Kalandraka Editora
  • A poesía como arte insurxente Lawrence Ferlinghetti. Tradución de Daniel Salgado Rodolfo e Priscila

Poesía

  • Notas sobre a extinción Marta Dacosta Alonso Editorial Galaxia
  • O que fica fóra Manuel Rivas Apiario
  • Arder Marga Tojo Edicións Positivas
  • Lixeiro Ismael Ramos Edicións Xerais de Galicia
  • Simún Nuria Vilán Chan da Polvora Editora
  • As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor Lorena Conde Aira Editorial

Teatro

  • Fillos do sol Cándido Pazó Editorial Galaxia
  • Identidade Nee Barros Fernández Editorial Galaxia
  • As desterradas Carme Varela Edicións Xerais de Galicia / Agadic
  • DFW nas profundidades da tristeza infinita / As cancións que lles cantaban aos cativos Raúl Dans Edicións Laiovento
  • República Sideral Esther F. Carrodeguas Baía Edicións
  • Ese silencio Avelina Pérez Edicións Positivas

Libro mellor editado

  • O que fica fóra Manuel Rivas Apiario
  • Duración da penumbra (edición especial Espiral Maior) Miguel Anxo Fernán-Vello Edicións Espiral Maior
  • Pequeno álbum de Nova York en inverno Berta Dávila, Carlos Meixide Rodolfo e Priscila
  • A Coruña David Pintor Kalandraka Editora
  • Intempériome (libro, CD, caderno, caixa) Xela Arias Xerais
  • A mestra corremundos Arancha Nogueira (Ana Varela, ilustracións) Cuarto de inverno

Iniciativa cultural

  • Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
  • Casa-Museo Manuel María
  • Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla
  • Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
  • Letras Galegas Xela Arias
  • Poemagosto. Festival Internacional Poesía Allariz

Proxecto literario en rede

  • Versos e aloumiños, Antonio García Teijeiro
  • O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.
  • Balea.gal
  • Diccionario castelán-galego de Rinoceronte Editora
  • Surfeando libros, Irene Pérez
  • A que cheira, papá?

 Xornalismo cultural

  • Belén Regueira
  • Pilar García Rego
  • Selina Otero (Faro de Vigo)
  • Xesús Fraga
  • Susana Pedreira (Onda Cero. Activista cultural)
  • Sermos Galiza (suplemento cultural)

Comentarios