A primeira convocatoria do premio de composición para arpa recibe 16 obras orixinais

Actuación na última edición do Noia Harp Fest en 2022.
photo_camera Actuación na última edición do Noia Harp Fest en 2022.

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia dará a coñecer nas vindeiras semanas a obra gañadora da primeira edición do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli que se convoca desde a vila de Noia.

O xurado, conformado por artistas internacionais de recoñecido prestixio, fallará o premio o 15 de febreiro. O director do Noia Harp Fest, entidade que impulsa o galardón, Rodrigo Romaní, cualificou onte como "moi exitosa" a convocatoria do certame, pois o festival recibiu un total de 16 propostas, "algo moi pouco usual neste tipo de concursos, nos que o habitual é recibir 5 ou 6 composicións".

"Estamos moi felices pola acollida que tivo o Portus Apostoli e pola súa proxección internacional", salienta Romaní, ao destacar a candidatura de compositores de Arxentina, Brasil ou Finlandia.

Comentarios