O Pico Sacro volverá escoitar este sábado o 'Alba de Gloria' de Castelao
Este vindeiro sábado, 22 de xullo ás 12 horas, un ano mais a Agrupación Cultural O Galo e a Asociación Cultural Vagalumes celebran a Lectura do Alba de Gloria de Castelao no cumio do Pico sacro.
“Con esta lectura lembramos a subida a este monte de Castelao e un grupo de amigos seus, algúns deles membros das Irmandades da Fala”, salientan desde as asociación organizadoras.
Alba de Gloria está considerado como “un dos mais fermosos textos da literatura galega e o noso grande político e artista escribiuno cando xa estaba exiliado en Bos Aires”.
Desde o Galo e Vagalumes lembran que non é precisa inscrición para participar na xornada e que se poden levar as persoas acompañantes que se quixeren.
O programa
Ás 12 horas darase a benvida aos asistentes e intervención do escritor Lois Diéguez. 45 minutos despois comezará a subida ao último treito do cumio do Pico Sacro, para ler o Alba de Groria de Castelao.
Xa na cima darase paso á lectura da obra sendo a asociación invitada a lela xunto con elas a Asociación Cultural Roxin Roxal de Paderne, tamén integrante da Federación Galiza Cultura.
Ás 13.30 horas terá lugar a visita á chamada cova da Raíña Lupa e hora e media despois será o xantar na carballeira das insuas de Gres. Cada quen levara a súa comida, bebida e os aparellos necesarios para comer.
Xa á 17 horas, saíndo do Campo do Rio (moi perto das insuas) farase a pé a até Donas o roteiro dos Pescadores (5 quilómetros aproximadamente) que decorre á beira do rio Ulla.
Finalmente ás 19.30 horas contemplarase o nacemento das augas sulfúricas da aldea de Donas (“as augas santas”) e, de poder ser, a chamada Casa das Donas.
Desde a organización recordan que se pode acudir a todas as actividades mais que non é obrigatorio.