A nova edición de Tradigalu levará a música tradicional ás comarcas

Conta cun orzamento de 250.000 euros
Iria Castro, deputada de Cultura da Deputación de Lugo.
photo_camera Iria Castro, deputada de Cultura da Deputación de Lugo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición de Tradigalu, que levará actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais polas distintas comarcas até final de ano.

O programa, que conta cun orzamento de 250.000 euros, ten como principal obxectivo promover e difundir a música popular e tradicional, incluíndoa nas programacións de asociacións e concellos.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “ademais de supoñer unha vía de colaboración cos colectivos culturais e o asociacionismo, o programa xenera unha actividade importante para as agrupacións de música tradicional, que teñen un papel fundamental na conservación do noso patrimonio”.

 

Máis de 250 actuacións en 50 concellos

Na presentación, Iria Castro lembrou que “o ano pasado, Tradigalu permitiu programar máis de 250 actuacións, chegando a medio cento de concellos e converténdose nunha das principais vías de apoio á celebración de festas e celebracións populares nas aldeas e parroquias das distintas comarcas, desde festas patronais até foliadas, polavilas ou magostos”.

Na confección do calendario de actuacións, a área de Cultura buscará chegar a todas as comarcas, evitando a concentración en puntos concretos e prestando especial atención á conservación e fomento das tradicións.

 

Comentarios