Mon Devane crea a imaxe gráfica do OUFF 2003

O Ourense Film Festival presenta a imaxe 2023, na que o creador parte dun xoguete artístico que funde a tradición ourensá co amor ao cinema.

Mon Devane co 'devaneiro'.
photo_camera Mon Devane co 'devaneiro'.

Desde a organización do Ourense Film Festival (OUFF) retomouse a iniciativa de encargar a imaxe gráfica do festival a artistas locais "como xa facían as históricas Xornadas de Cine de Ourense nos anos setenta. O equipo actual decidiu recuperar a colaboración cos artistas de Ourense”, tal como explica o director Miguel Anxo Fernández.

Na última edición, en 2022, foi a ilustradora alemá afincada en Ourense, Isabell Seidel, a encargada da imaxe; en 2021, foi o recoñecido debuxante David Rubín quen deixou a súa impronta gráfica no festival; en 2020, Baldomero Moreiras; e en 2019, Alexandro. Este ano a organización do OUFF decidiu contar cun dos artistas ourensáns máis internacional na actualidade: Mon Devane. 

 

Envolver o público

Desde hai vinte anos o artista urbano Mon Devane ten no spray a súa ferramenta de traballo. A súa pintura céntrase na realización de retratos en grandes formatos; participa en eventos e festivais de todo o mundo e podemos atopar a súa obra en países como Estados Unidos, México, Xamaica, Bolivia, Italia, Francia, Inglaterra...; na Galiza destaca a exposición de 2021 Las Estrellas del Camino que encheu de arte o Camiño Francés, do Cebreiro ata Santiago de Compostela. 

"Ao recibir este reto, a min apetecíame ir máis alá da imaxe bidimensional; empecei a traballar con art toys, xogando cunha peza que  é medio boneco e medio escultura. Quería que a imaxe puidera envolver o público; que segundo onde mire a figura nos diga algo distinto. A cor é unha chiscadela á miña paleta cromática habitual", comentou Mon Devane.

A figura tipica dun home ourensán con paraugas ao lombo e cámara en man terá diferentes aplicacións e cometidos durante o festival, como converterse no trofeo da competición de Curtas Galegas.  

 

Comentarios