David Rubín: a banda deseñada como acto de amor

David Rubín chega puntual á cita. Nunca pasa desapercibido e aínda menos no seu Ourense natal. Viste cun rigoroso negro, leva varios aneis de bo tamaño nas mans. Camiña a vida con botas de punta e un abrigo longo. Ben podería ser un personaxe dun filme de Sergio Leone. Pode ser o bo, o feo e o malo nunha soa persoa. Chega sorrindo e xa antes de entrar na libraría onde quedamos, ten que parar a asinar e posar para fotos. É autor de banda deseñada pero tamén estrela do rock, desborda actitude, seguridade, domina a escena, levanta paixóns e odios, mais por riba de todo, sabe manexar a súa sona. Conversamos con el sobre o éxito do seu último libro 'O Lume' (Demo Editorial).
David Rubín é un dos nomes máis destacados da banda deseñada. (Foto: Manuel Barreiro)
photo_camera David Rubín é un dos nomes máis destacados da banda deseñada. (Foto: Manuel Barreiro)
—Entrevisteino hai case dous anos e deume este titular: “Que o meu próximo libro saíse o mesmo día tamén en galego faríame máis ilusión que publicar en Marvel”. O Lume  é o soño…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Entrevistas
Comentarios