Migallas Teatro presenta unha parodia en vídeo sobre os "logros en educación" de Feijóo

Migallas Teatro vén de lanzar á Rede o primeiro dos catro programas humorísticos que debullarán os resultados da xestión do PP na Xunta na pasada lexislatura.

O primeiro vídeo, conducido por un clon de Mariano Rajoy, repasa os "logros" do Goberno de Feijóo en materia educativa. No mesmo, en chave de parodia enumeranse algúns dos principais indicadores dun balanzo moi discutido pola comunidade educativa que ao longo destes tres anos e medio protagonizou masivos procesos mobilizadores.

As próximas entregas abordarán a situación da sanidade, dos servizos sociais, da economía e a cultura.

Comentarios