Mercedes Peón e Milladoiro poñen o ramo este domingo á Festa do Queixo de Arzúa

Variada oferta esta fin de semana. Pasen e vexan.

mercedespeon01
  • Sexta feira

 

Nao + Ezetaerre

Santiago de Compostela

Sala Capitol

20.45h

A banda da Estrada Nao, no concerto fin de xira do seu último EP, Soñar-Crear, xunto con Ezetaerre, unha das grandes revelacións da música galega.

  • Sábado

 

Xabier Diaz & Adufeiras de Salitre

Ourense

Auditorio Munincipal

20.00h

Concerto coa xira do seu último traballo Tambourine Man, cheo de pandeiretas, adufes, cancións e ritmos tradicionais para gozar e danzar.

Ubú Rei

Narón

Pazo da Cultura 

20.00h

Ubú Rei é unha peza de Alfred Jarry, agora a cargo de Talía Teatro. Unha historia chea de situacións paradoxais cómicas, mais que arrastran unha visión crítica. 

  • Domingo

 

Mercedes Peón + Milladoiro

Arzúa

Campo da feira de Arzúa

18.00h

Mercedes Peón e Milladoiro, vangarda e tradición, serán os encargados de poñer o encerramento de ouro á 42ª edición da Festa do Queixo.

Ghazafelhos

Ourense

Auditorio Municipal

12.00h

A peza infantil Iriña Bailarina móstranos unha reflexión sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

  • Toda a finde

 

1º Festival Pequequeixo

Arzúa

Praza de Galiza

As crianzas gozarán do seu propio espazo coas actuacións de A Gramola Gominola o sábado e Paco Nogueiras, brinca vai! para o domingo. 

Elas

Santiago de Compostela

Centro Abanca Obra Social

Até o 31 de marzo

A exposición acompaña ao libro Elas, da catedrática Aurora Marco. A mostra achéganos cadros orixinais das pintoras Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro, nos que as artistas plasman a súa visión das mulleres máis sobranceiras da historia da Galiza.

Hoxe toca o Prado

Vigo

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

Até o 14 de maio

A exposición consta dunha selección de imaxes en relevo, obras de distintos xéneros e estilos artísticos para tocar coas mans, da colección do Prado. Así, as persoas cegas ou con resto de visión poden gozar da beleza das obras. Ademais, o percorrido conta con máis material, como gafas opacas de cartón para facilitar esta experiencia sensorial a todo tipo de público.

Comentarios