Fuxan os Ventos publica 'Eu en ti', un tema tributo ao falecido Moncho Díaz

O pasado 22 de outubro, cando se cumpría médico século do nacemento de Fuxan os Ventos, Moncho Díaz, que formou parte do grupo desde 1980, actuaba cos seus compañeiros na inauguración da mostra ‘Fuxan os Ventos, 50 anos de historia’ no Vello Cárcere de Lugo.
Capa do tema 'Eu en ti' de Fuxan os Ventos (Foto: Fuxan os Ventos).
photo_camera Capa do tema 'Eu en ti' de Fuxan os Ventos (Foto: Fuxan os Ventos).

“Desolados pola perda de Moncho Díaz”, Fuxan os Ventos dá a coñecer un tema inédito co que se pretende homenaxear a memoria dun dos integrantes históricos da formación, falecido o 17 de febreiro de 2023.

O pasado 22 de outubro, cando se cumpría médico século do nacemento de Fuxan os Ventos, Moncho Díaz, que formou parte do grupo desde 1980, actuaba cos seus compañeiros na inauguración da mostra ‘Fuxan os Ventos, 50 anos de historia’ no Vello Cárcere de Lugo.

Colaborou na elaboración e estrea da nova páxina web do grupo, asistiu ao agardado acceso da discografía completa da formación en todas as plataformas dixitais e participou, como solista, na gravación deste tema inédito.

Eu en ti é un poema de Celso Emilio Ferreiro musicado por Xoán Luís Fuertes Saavedra.

O grupo segue así un dos seus sinais de identidade: integrar nas letras das súas cancións poemas da literatura galega.

Autoría

Na parte instrumental contaron coas colaboracións de Guillerme Fernández na guitarra, Simón García no contrabaixo, Roi Adrio na percusión e o cuarteto Saiva Nova (Fernando do Campo, concertino; Iván Novo, violín; Sergio Sieiro, viola; e Rosalía Vázquez, violonchelo).

A canción, publicada por Altafonte, foi mesturada e masterizada por Arturo Vaquero e o deseño da capa é de Manuel Lucas.

“Fuxan os Ventos tentará seguir, a pesar da insubstituíbel ausencia de Moncho, co proxecto de levar por toda Galiza a exposición Fuxan os Ventos. 50 anos de historia”, apuntan desde a banda.

Comentarios