OBITUARIO

Sinéad O'Connor, lenda da música, falece aos 56 anos de idade

A cantante falece tan só 18 meses despois de que morrese o seu fillo adolescente.
Sinéad O'Connor durante o Intercéltico de Lorient (Foto: Pymouss).
photo_camera Sinéad O'Connor durante o Intercéltico de Lorient (Foto: Pymouss).

A cantautora irlandesa Sinéad O'Connor faleceu na tarde desta cuarta feira aos 56 anos de idade. O'Connor, que se converteu nunha das principais estrelas da música na década dos 90, lanzou até dez álbums de estudo durante a súa prolífica carreira musical. A cantante falece tan só 18 meses despois de que morrese o seu fillo adolescente.

Segundo informan medios irlandeses, o motivo da morte, se ben aínda está sen confirmar, pode ser un suicidio.

Carreira musical

Nacida en Dublin, a súa etapa como vocalista en Ton Ton Macoute atraeu a atención da Industria Musical e asinou con Ensing Records. Conseguiu un representante con experiencia, Fachtna O'Ceallaigh, un dos creadores de Mother Records.

O seu primeiro traballo despois de firmar coa discográfica foi facendo o traballo vocal para a canción Heroine que escribiu xunto con David Howell Evans (coñecido como The Edge), guitarrista de U2, e que formou parte da banda sonora da película Captive.

O'Connor saltou á fama co seu single Nothing Compares to You, que foi a canción número un do mundo en 1990.

Comentarios