A Asociación Socio-Pedágóxica Galega entregou os premios da 13ªedición do Certame de Curtas

O primeiro premio foi para Miriam Rodríguez por Arden as bruxas.
Foto de familia coas premiadas no certame da AS-PG
photo_camera Foto de familia coas premiadas no certame da AS-PG

Esta quinta feira, 14 de outubro, tivo lugar, na Filmoteca de Galiza, na Coruña, a cerimona de entrega dos premios da 13ªedición do Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedágóxica Galega (AS-PG), que teñen como obxectivo explorar e divulgar a literatura galega a través do cinema.

Un xurado composto por José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico, Mónica García Iglesias, responsábel da área de educación da Filmoteca, e Martin Pawley, produtor, programador e crítico de cine outorgou o Premio na categoría de Centros de ensino a Pobos, do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, "por ser un exemplo de traballo escolar colectivo elaborado con rigor e coidado que, sobre a confluencia do ritmo, recitado e unha meritoria montaxe, celebra a diversidade desde o próximo".

En segundo lugar quedou O cascabel da gata, do CEIP Plurilingüe Ponzos de Ferrol, por, segundo o xurado, a calidade da animación e o esforzo conxunto do alumnado de primaria por achegarse a unha narración literaria. 

Finalmente, nesta categoría, quedou en terceiro lugar Non estás soa. Non cales. Non te peches. Non es a culpábel, do IES Salvaterra de Miño, "Por abordar unha preocupación social a través da mirada da mocidade, co uso dunha forma audiovisual dinamica que integra con acerto o texto musical.

Categoría xeral

Na categoría xeral, o primeiro premio foi para Miriam Rodríguez por Arden as bruxas, pola súa capacidade visual ao servizo dun xogo polifónico feminino.

En segundo lugar, o xurado premiou a Iria Álvarez, pola curta Eu en ti, da cal menciona a hábil colaxe de imaxes de arquivo na representación do poema de Celso Emilio Ferreiro. 

Comentarios