Antón Lopo recibe o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

A obra destaca pola súa ambición temática, que vai desde a dureza dos coidados á nai anciá á reivindicación de todo tipo de relacións afectivas. 
O escritor galardoado, Antón Lopo (Foto: Tonio Arias).
photo_camera O escritor galardoado, Antón Lopo (Foto: Tonio Arias).

O xurado da XXII edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño decidiu onte por unanimidade outorgarlle o galardón a Terminalidade de Antón Lopo. 

A obra

A obra destaca pola súa ambición temática, que vai desde a dureza dos coidados á nai anciá á reivindicación de todo tipo de relacións afectivas. 

"Irónico, autoconfesional, brutal, este poemario pon de relevo unha voz ousada que se busca nunha xeografía global", din desde a dirección da Asociación Cultural Ergueitas, entidade que organiza este certame, en colaboración co Concello de Sarria.

Antón Lopo

Lopo ten cultivado a poesía, a narrativa, o teatro, o ensaio e mesmo a tradución. Como poeta deuse a coñecer con Sucios e desexados (1988).

Como novelista, iniciouse con As reliquias (1991), Premio Café De catro a catro.

O Fiz Vergara Vilariño non é o primeiro premio que recibe: este súmase ao Premio Álvaro Cunqueiro no 2004, ao Premio Narrativa Breve Repsol no 2018 e ao Premio da Crítica española no 2018, entre outros.

Comentarios