Afondar no coñecemento da mitoloxía... dunha forma divertida?

Un grupo de galegas traballa para lanzar ao mercado o xogo 'Criaturas Míticas', unha proposta de entretemento que achega a historia mitolóxica de moitos pobos dunha forma interactiva e diferente. A proposta, que conta cunhas "ilustracións fantásticas" e viría a ampliar o escaso catálogo de xogos de mesa en galego, precisa do mecenado público para saír adiante.
Un novo xogo que reivindica a mitoloxía. (Foto: Nós Diario) #xogodemesa #xogo #criaturasmíticas #mitoloxía
photo_camera Detalles dun novo xogo que reivindica a mitoloxía. (Foto: Nós Diario

Baixo o nome 'Criaturas Míticas' quere ver a luz un novo xogo de mesa ideado na Galiza e que, de ser quen de entrar no mercado do entretemento, estará dispoñíbel en varios idiomas, entre eles o galego.

As e os promotores deste proxecto para dar a coñecer a mitoloxía de diferentes pobos dunha forma divertida no tempo de lecer, andan na procura de mecenas a nivel internacional, algo para o que apostaron nun crowdfunding internacional.

Para conquistas ás futuras xogadoras destacan que a proposta está pensada “para todas as idades”, é “moi divertida” e conta cunhas “ilustracións fantásticas”.

Parte do mérito desa parte, unha das máis atractivas do xogo de naipes a primeira vista, é da ilustradora Ana Santiso, que aclara que os deseños “son fieis á descrición das lendas”.

É dicir, se en cada carta hai representado un ser mitolóxico ese responde á “estética que tradicionalmente se conta” e mesmo se achegaran explicacións das lendas protagonistas.

Para Santiso, é básico ir por ese camiño e apostar en 'Criaturas Míticas' porque os mitos “están sendo esquecidos ou desvirtuados” e desta forma tan interesante poden reverter ese proceso.

Queres facelo posíbel? O mecenado é a forma e hai diversas compensacións polo apoio a esta iniciativa cultural e lúdica cunha mecánica, que segundo Fernando M. Cimadevila, “é sinxela” para que poidan gozar todos os públicos.

“Esencialmente trátase dun xogo de confrontación no que cada xogador ten tres criaturas e debe superar desafíos estratéxicos”, indica Cimadevila, deixando entrever que as características ou ‘poderes’ que a mitoloxía vencellaba a cada personaxe vai ter importancia.

Comentarios