LINGUA
Palabras con memoria: xogos
25/ago./23
Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
O DOG publica esta quinta feira a nova Lei do xogo da Galiza, aprobada non Parlamento galego no penúltimo pleno do período de sesións e que, deste modo, entra xa en vigor. O texto saíu adiante grazas aos votos do Partido Popular e co 'non' da oposición —BNG e PSdeG—, que o consideran unha "grande oportunidade perdida" que "vai permitir xogar a menores en bares" e tamén a ludópatas do rexistro de autoprohibidos.
1.500 persoas solicitaron en 2021 na Galiza ser excluídas das apostas online, unha media de catro ao día e unha cifra a sumar ás máis de 1.600 que pediron oficialmente que non se lles permita acceder aos salóns de apostas no país. O proxecto de Lei do xogo, que onte se admitiu a trámite na Cámara, permite abrir 15 locais máis.