As cinzas de Man regresan ao seu museo dez anos despois

O 28 de decembro cúmprense dez anos da morte de Man, o alemán de Camelle. O seu berro silencioso, a imaxe de dor do artista que vivía na Costa da Morte á beira do mar converteuse en icona do drama polo desastre do Prestige. A unha década da súa morte, os restos de Man regresan ao seu museo, un espazo destruído no que continúa a súa memoria.
Imaxe de Man
photo_camera Imaxe de Man

As promesas esvaéronse co tempo e o singular espazo que o alemán de Camelle creou á beira do mar continua no seu proceso de destrución, sen que ninguén bote man del para volver ao seu estado de museo ao ar libre. O venres, por volta das 20 horas, as súas cinzas serán transportadas en profesión desde a sede da Fundación co seu nome até o museo-vivenda que el mesmo creara con cons que daban forma a súa obra.

Para o sábado 29 de decembro, na Casa de Pedra de Camariñas terá lugar ás 12.00 o descubrimento da placa de lembranza ao voluntariado e a inauguración da mostra “Prestige, sempre na nosa memoria”. Na Casa do alemán terá lugar ás 16.30 a inauguración da exposición “Man, sempre na nosa memoria” para despois, ás 19.30, presentar o libro “Man, o Alemán de Camelle”.

Comentarios