#sermos116: un Estado autoritario contra as nacións

Unha España enrocada coma nunca fronte ao dereito dos pobos a decidir, os Orzamentos de Estado para 2015 e diversas entrevistas. Isto e moito máis neste semanario. Xa á venda na nosa loxa.

Capa

Chegamos ao número 116 do Sermos Galiza cun semanario no que o tema central se debruza sobre a reacción autoritaria do Estado español contra a demanda dos pobos a decidiren o seu futuro. Unha cuestión de máxima actualidade co proceso catalán. Tamén falamos das marés, plataformas que nacen coa intención de seren ‘tsunamis’ por unha democracia radical e que non teñen data de caducidade coas municipais.

Debullamos os Orzamentos Xerais do Estado, unhas contas anti-sociais e que son reflexo dos incumprimentos para con Galiza. Tamén falamos de como na Galiza do século XXI mantense un ferrocarril do XIX ou do ‘Clan Méndez’ e os seus negocios de familia a Caixa Galicia.

Lírica medieval profana e Brasil en Vermelho

E este nº 116 trae aínda máis. Falamos con Manolo Ferreiro, autor do glosario da lírica medieval profana e de como salienta a importancia da auto-estima para os pobos. Entevistamos a J. Reinaldo Carvalho, editor do Vermelho, que afirma que “para a direita brasileira a tarefa principal é derrotar as forças que estão no governo hoje”.

Coñecemos a Sandra Fernández, galega gañadora do campionato europeo e mundial de motonáutica con Viaxes na Miña Terra percorremos a praia das Catedrais e a illa Pancha e preguntámonos pola unidade social en Vigo contra a Xunta e o Concello.

Entevistamos a J. Reinaldo Carvalho, editor do Vermelho, que afirma que “para a direita brasileira a tarefa principal é derrotar as forças que estão no governo hoje”.

E celebramos cunha torta galega o 50 aniversario de Mafalda! Falamos con varias persoas para nos adentrar máis neste personaxe.

Feminismo e islamismo

Neste número entrevistamos a Wadi N-Dacheitani, feminista islámica que nos explica que é preciso “descolonizar o feminismo de visións autoritaria, excluintes e etno-centristas”.

Unha conversa con Daniel R. Cao e Alberto Pombo, do café-libraría 'Linda Rama' pon o ramo este número. Agardamos que gostedes!

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios