#sermos115: as mulleres derrotan o PP

Neste número analizamos como as mulleres poñen en xaque o executivo español, entrevistamos a investigadora Marga do Val e coñecemos as artes marciais históricas europeas na Galiza. Iso, e moito máis, neste semanario. Xa á venda na nosa loxa. 

CAPA

O Sermos Galiza nº115 xa saíu do prelo e pódello adquirir nos quioscos, librerías ou na nosa loxa. O tema central é como as mulleres poñen en xaque o goberno español, que se viu obrigado a retirar o proxecto de lei do aborto. Unha vitoria das mulleres que se traduce no ‘adeus, Gallardón’.

Tamén neste semanario falamos de como a Xunta aposta nunha sanidade pública enferma. Camas baleiras ao tempo que doentes se amorean nos corredores, enfrontamentos na cúpula gobernamental, privatizacións ou mesmo sospeitas de nepotismo ou intereses cruzados. A Sanidade pública galega pasa polo seu peor momento mergullada na decadencia á que a arrastrou o regreso do PP á Xunta.

Entrevistamos a unha das 6 persoas condenadas no xuízo #8f345anos, Joam Peres, que sostén que a Samuel Juárez fracasou na súa tentativa de criminalizar as e os encausados e de reducir toda a unha cuestión de simple orde pública “o conflito lingüístico que se vive en Galiza”.

Testemuños na vaga de despexos

O recente caso dun matrimonio compostelán e tres despexos inminentes en Vigo poñen de manifesto a falta de vontade por parte da administración por solucionalo. Falamos con tres persoas afectadas, coñecendo a súa situación.

Achegámonos ás asembleas abertas do BNG, unha proposta que parte da ilusión para encarar o repto de construír unha outra Galiza. Nos vindeiros 5 días 16 localidades e vilas galegas acollerán estes procesos.

“Interesa dar outra imaxe de Rosalía, como construírmos outra Galiza”

En Tecnoloxía Iago Varela cóntanos que facer en caso de perder ou de que nos rouben o móbil. E da man de Viaxes na Miña Terra imos até Barreiros, na comarca da Mariña.

Mais tamén fomos até Escocia, coa nosa colaboradora Pilar Fernández, que nos conta como tiveron na punta dos dedos a independencia na consulta do 18 de setembro.

Entrevistamos á escritora e investigadora Marga do Val, que fai público novos documentos que aportan datos para a biografía de Rosalía de Castro. “Interesa dar outra imaxe de Rosalía, como construírmos outra Galiza”.

E aínda fica máis fariña: Máis de vinte compañías fan de Compostela a capital dos títeres, coñecemos como Galiza recupera as artes marciais históricas europeas, ou ben como o proceso de recentarlización frea o desenvolvemento dos estaleiros.

Construír cultura (e país) desde a base

Falamos coa xente de A Galleira, unha asociación cultural que está a coller impulso en Ourense e que quer ser parte dinámica e activa do tecido de base que ferve na cidade das burgas. “

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios