As pegadas do fascismo, no #Sermos125

Rastrexamos as pegadas que o fascismo deixou na pel do país e que continúan entre nós pola falta de vontade política do bipartidismo español. No #Sermos125 -xa na nosa loxa- debruzámonos sobre a enorme figura de Francisco Carballo, recentemente falecido. Xa á venda na loxa e nos quiosques do país. 

unnamed

A pel do país continúa contaminada por incontábeis pegadas do fascismo, residuos dunha etapa opresiva e xenocida que aínda está moi lonxe de ser superada. Oferecemos unha reportaxe a dupla páxina de Olalla Rodil e un artigo de opinión de Luís Bará. Algúns dados estarrecedores -como que no noso país están aínda pendentes de se localizaren os corpos de 5.000 persoas desaparecidas- abondan para comprendermos a magnitude dunha historia que deberíamos fechar de vez se queremos conquistar unha democracia digna de tal nome.

Na sección de Política, deitamos o noso ollar no recente Consello Nacional do BNG, en que se deu luz verde ao tramo alto das candidaturas que a formación frentista presentará nas 7 cidades e naquelas vilas gobernadas por alcaldesas e alcaldes nacionalistas, e, destarte, damos voz a dous candidatos do Bloque, o mozo Rubén Arroxo, 28 anos, número 1 ao concello de Lugo, e Goretti Sanmartín, a experimentada integrante da Executiva Nacional, e número 2 ao concello de Santiago.

En Social, Rodri Suárez retrata a paisaxe despois do despexo, nos terrenos do Ofimático na Coruña. A desolación e a raiba salfiren unha dupla páxina en que se desvela que hai detrás deste novo atentado contra un dereito humano elemental, o de dispor da tua propia vivenda, e o que hai detrás é sinxelamente o monstro inmobiliario que se resiste a facer mutis polo foro.

Entrevistamos a Xan Carballa, autor dun libro de conversas con Carballo, publicamos un cadriño-homenaxe de Xosé Lois ao intelectual e patriota de Asadur (Maceda)

En Deportes, e tamén da man de Rodri Suárez, oferecemos dados novos sobre a estarrecedora historia que -brutalidade fascista de por medio- acabou coa vida de Jimmy, integrante dos riazor blues. Falamos con portavoces da peña deportivista e mostramos como os medios sistémicos agachan e/ou minusvaloran o carácter neonazi do Frente Atlético.

Francisco Carballo -intelectual eminente, activista incansábel a prol da causa nacional galega- é o grande protagonista das páxinas culturais deste número 125. Entrevistamos a Xan Carballa, autor dun libro de conversas con Carballo, publicamos un cadriño-homenaxe de Xosé Lois e recuperamos o primeiro artigo que o fundador de A Nosa Terra publicou en Sermos Galiza, meio do que tamén foi impulsor.

Antón Lopo retrátanos a Leopoldo Sanmartín Pazos, crego, herborista e apicultor, que nos deixa unha frase-titular para enmarcar: "Son como o Google [un buscador]".

Carballo é tamén o argumento das páxinas de opinión deste Sermos 125, con artigos de Pilar García Negro e Cesáreo Sánchez Iglesias.

Completamos este número cunha nova entrega da serie Extintivos, desta volta Antón Lopo retrátanos a Leopoldo Sanmartín Pazos, crego, herborista e apicultor, que nos deixa unha frase-titular para enmarcar: "Son como o Google [un buscador]".

E quen se debruza sobre a nosa contracapa? Pois Superoito, unha banda de música surf, presentánolos Olalla Rodil.

Así vén o Sermos 125, que por suposto inclúe tamén as seccións habituais de Análise, Tecnoloxía, Okapi, Viaxes na Miña Terra, Pasatempos e Axenda.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios