O goberno portugués rebaixa a cultura para as persoas en paro

Entradas gratuitas en museos e descontos dun 50% no teatro son algunhas das ofertas que o goberno portugués aprobou para que as persoas en paro conserven os seus hábitos culturais
Teatro Nacional de Porto
photo_camera Teatro Nacional de Porto

A entrada en museos e monumentos xestionados polo goberno do Estado será de balde para as persoas que estén en paro en Portugal. A Secretaría de Estado da Cultura vén de aprobar tamén importantes descontos para o acceso a teatros de carácter público.

O goberno portugués escolleu o Día do Teatro para botar andar esta medida que ten como fin que as persoas que se atoparen en situación de desemprego poidan conservar os seus hábitos culturais. Unha persoa no paro poderá asistir a unha representación no Teatro Nacional de Lisboa por seis euros mentres que no São João do Porto verá reducido o importe do billete no seu 50%.

Máis en Arte imaxe patrimonio