Lugo acolle o Festival Internacional de Percusión

Dende o 27 até o 29 de xullo, a cidade da muralla encherase de concertos, obradoiros de percusión, construción de instrumentos e tamborradas.
photo_camera Oliveiro Fernández, ferreiro da Fonsagrada

O Festival Internacional de Percusión (FIP) comezou a pasada sexta co concerto de Rastrexos-Project, un grupo galego-suízo e coa exhibición de música popular africana a cargo de diversos músicos procedentes do Senegal. Así mesmo, @s lugues@s e @s visitantes puideron desfrutar dun curso sobre percusión galega a cargo de Dani Riveiro.

A programación do FIP inclúe tamén para os vindeiros días, un programa de Vellos Oficios, no que persoas de todo o país farán demostracións do seu traballo. A mostra, situarase na Praza Maior e permanecerá ao longo das fins de semana de agosto e setembro.Entre as persoas que se achegaron a Lugo atopamos a, Oliveiro Fernández --ferreiro da Fonsagrada--, Manuel Rodríguez --telleiro do Rosal-- e Ramón Villar --canteiro de Guitiríz--. Mañá domingo, a Praza Maior acollerá as demostracións ao vivo de Roberto Figueira --escultor e tallista-- e Carmen Pano --tecedeira--. Asemade, terá lugar o concerto de Odaiko Percussion Group na Praza de Santa María.

Para rematar, o Festival Internacional de Percusión, pechará as súas portas cun concerto do Conservatorio Profesional de Música de Lugo e o grupo Ke Percussión. Un dos obxectivos da organización é que o festival sirva tamén de palestra para os novos talentos. Pola noite, porá fin á xornada, a música de Musgalia & Richard O´Farrel.

Máis en Ao vivo
Comentarios