Do 22 ao 24 de xuño

Esta fin de semana, Arde Lucus!

Roman@s e castrex@s volven poboar a cidade da Muralla: durante tres días, Lugo retrocede no tempo ata o século II.

 

Un ano máis (e xa van 11!), Lugo prepárase para vivir o Arde Lucus na rúa: toda a cidadanía disfrázase e implícase para gozar da festa, nos campamentos militares, no Macellum (mercado de artesanía), ou no Circo Romano, onde non faltan gladiadores nin carreiras de cabalos. É un momento máxico para @s namorad@s casaren segundo as vodas tradicionais celtas ou romanas. Tamén terán lugar desfiles de lexións romanas e familias e poboados celtas, espectáculos de lume, maxia, e conta contos, teatro, concertos e gastronomía.

Os festexos comezan xa este venres 23, coa inauguración do Macellum na Praza Maior ás cinco da tarde. Nesta xornada haberá tempo para o teatro (Memorias dun vello castrexo, co colectivo do Fingoi, Do mito de mitra, co grupo Achádego, Bacanal, coa asociación Alas, ou Emperator, que pensas? Fala!, con Hipócrita Teatro). Tamén para pequenas actuacións polas rúas: a do recadador de impostos, a do fauno, a historia de Venus, Vulcano e Marte... Ademais, será o día da irmandade entre tribos castrexas e tropas romanas, dos bautizos celtas (coa asociación Ilusión-Arte), e das olimpiadas entre clubes deportivos da cidade. Ás doce da noite pódese acudir ao Circus Romano, para o que a entrada custa 2 euros.

O programa completo para os tres días pode consultarse na páxina web do Arde Lucus.

Máis en Ao vivo