Antrospinos, algo máis que un Festival

Taragoña (Rianxo) acollerá o 27 e 28 de xullo o festival Antrospinos que naceu coma unha anécdota e quixo responder aos lumes que queimaron os montes da zona.  O ano pasado acudiron aos concertos 4000 persoas.
Festival Antrospinos 2011

"Comezou nunha voda", descubre Tamara Brea da organización do festival, "un grupo de amigos e amigas pensamos montar unha pequena festa convidando a un grupo de música folk, mais logo comezou a ira a máis", sinala. Despois dese primeiro ano, con pouco máis de cen persoas de participantes, decidiron continuar. Os lumes que afectaron a área recreativa de Campo Maneiro foron outra das razóns polas que este encontro festeiro recibu máis apoios até chegar a hoxe, un dos momentos agardados en taragoña non só pola festa senón tamén pola importante aportación económica que significa na zona. "Consúmese nas tendas, na gasolineira e xa pensamos en poñer autocarros que baixen a Rianxo", comenta Tamara.

Máis de 4.000 persoas
Para este Festival Antrospinos de Taragoña (Rianxo) a organización agarda que asistan ao festival máis de 4000 persoas. No programa figuran máis de 13 conxuntos músicais que tocarán en Campo Maneiro o venres 27 e sábado 28 de Xullo.

Ainda que este ano a organización se veu na obriga de ter que cobrar unha entrada para poder manter o nivel do festival e asegurar a súa continuidade no tempo, agardan unha gran asistencia de público, posto que a entrada para os dous días está a un prezo de 10 €, "unha aportación xusta", segundo apuntan desde a organización.

O festival é un dos momentos máis agardados pola parroquia.


Grupos
O venres 27 contarase coa actuación de Canteca de Macao, Bohemian Betyars, Os Cempes, Dakidarria e pecharán a noite os DZ Selectors. O sábado é o día clave do Festival Antrospinos xa que haberá actividades durante toda a xornada. Polo mediodía, 13:30 horas, empezará o xantar popular en Campo Maneiro ao que queren convidar a todos os asistentes e veciños: comer, beber e gozar do bo ambiente. Despois do xantar, sairá a Matraquillada 2012 que percorrerá Taragoña parando en bares, tabernas e furanchos, sempre acompañada da música de Oitonunpiso e o Cé Orquestra Pantasma. A matraquillada ten prevista a súa chegada a Campo Maneiro por volta das 18:00 horas, coincidindo con esta dará comezo os concertos no escenario de tarde, coas actuacións de De L´ston , Ataque Escampe e Guintervan, tanto a matraquillada como os concertos do escenario de tarde son gratuitos.

Pola noite, no Escenario Antrospinos, actuarán Alamedadosoulna, Kumpania Algazarra, Quempallou e Bastards on Parade, pecharán a noite Bigote Mix e Rumbeat´s aos pratos!



Ataque Escampe - Europa e o ballet from mopalmact on Vimeo.

Máis en Ao vivo
Comentarios