Xubiladas e pensionistas reclaman a derrogación das reformas das pensións para recuperar ‘dereitos perdidos’

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG mobilizouse na mañá desta quinta feira nas cidades da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Compostela e Ferrol para reclamar a derrogación das reformas das pensións. Denunciaron que estas reformas teñen provocado un deterioro da contía das súas pensións e que “agora, coa inflación disparada, a maioría non chegan a fin de mes”. Por isto, xubiladas e pensionistas exixiron esta quinta feira a revalorización das pensións co IPC real.

Concentración do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG en Lugo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Concentración do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG en Lugo. (Foto: Nós Diario)