Veciñanza de Rois protesta contra a instalación dunha LAT perto de Castro Lupario

Veciñanza de Angueira de Castro, no municipio de Rois (comarca do Sar) protestarán este sábado contra a instalación dunha liña de alta tensión na contorna do Castro Lupario, por considerar que suporía un estrago "patrimonial e ambiental". A concentración, presentada esta sexta feira, terá lugar ás 12.30 horas onde xa comezaron as talas e as tarefas de desbroce para o inicio da instalación da liña de alta tensión (LAT) de 220 KV Lousame Ames-Tibo por parte de Red Eléctrica. O proxecto, que foi aprobado pola Xunta da Galiza, xerou unha grande oposición na veciñanza debido ao seu "potencial impacto negativo en áreas de gran valor histórico e ecolóxico", como son o Camiño Portugués, o Castro Lupario –entre as parroquias de Bastavales e Ribasar, o Pazo do Faramello –en Ribasar– e Angueira de Castro. 
Pedro de Llano, Luis Menéndez e Marcos Santos, esta sexta feira. (Foto: Centro Internacional de Prensa da Galiza)
photo_camera Pedro de Llano, Luis Menéndez e Marcos Santos, esta sexta feira. (Foto: Centro Internacional de Prensa da Galiza)
Comentarios